O corpo mide uns 19 cm e ten unha envergadura de ás é de 28 cm, o que a converte na meirande das folosas europeas. Pesa entre 25 e 36 gramos. A parte superior do seu corpo é castaña, a inferior de cor branca tirando a amarela. A gorxa é branca e ten unha banda branca característica sobre dos ollos. O peteiro é forte. Machos e femias comparten a mesma coloración.
Distribución xeográfica e hábitat
Vive en case toda Europa entre abril e setembro, en Asia ten unha distribución ampla, chegando a China e Corea. Os exemplares europeos pasan o inverno en África tropical e do sur. Fan a emigración en grandes etapas, interrompidas por pausas longas, que poden durar semanas, nas que procura recupera-las súas reservas de graxa para poder segui-lo seu camiño.
Vive nos canavais e entre as plantas das ribeiras de lagos, estanques, ríos e pantanos.
Alimentación e reprodución
Chouta e agatuña con axilidade entre as canas para alimentarse de arañas, insectos e larvas, cágados e bagas.
Maduran sexualmente ó ano de vida. A época reprodutora en Europa ten o seu cumio entre maio e xullo. Fai un niño de herbas e xuncos con xeito de cunca que agochado entre as plantas acuáticas suxeito a tres ou catro canas e pendurando sobre da auga. A femia pon de 4 a 6 ovos que son chocados entre 12 e 14 días. Os seus niños son paras con frecuencia polos cucos.
Sistemática
Recoñécense dúas subespecies:
Acrocephalus arundinaceus arundinaceus de Europa, o noroeste de África do norte, Turquía e o Oriente Próximo ata a cunca do río Volga.