Firefly Lane é unha serie de televisión estadounidense creada por Maggie Friedman para Netflix. A serie está baseada na novela homónima escrita por Kristin Hannah.[1] Estreouse orixinalmente o 3 de febreiro de 2021, e conta as vidas de dúas mozas adolescentes na década de 1970 e a súa adultez a comezos da década de 2000.
Personaxes
- Katherine Heigl como Tully Hart, unha famosa presentadora de televisión do programa The Girlfriend Hour
- Ali Skovbye como Tully de adolescente
- London Robertson como Tully en 1970
- Sarah Chalke como Kate Mularkey, a mellor amiga de Tully dende os 14 anos.
- Roan Curtis como Kate de adolescente
- Ben Lawson como Johnny Ryan, marido de Kate e o produtor de The Girlfriend Hour
- Beau Garrett como Cloud, nai solteira de Tully
- Yael Yurman como Marah Ryan, filla adolescente de Kate e Johnny
Estrea
O 14 de outubro de 2020, estreouse un teaser oficial e puidéronse ver as primeiras imaxes da serie.[2] A serie estreouse o 3 de febreiro de 2021.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas