O Fine Gael (en galego Familia ou Tribo dos Irlandeses) é un partido político da República de Irlanda de ideoloxía demócrata cristiá e conservadora. Foi fundado o 3 de setembro de 1933 como fusión do seu partido predecesor, o Cumann na nGaedhael, o National Centre Party e os Blueshirts. Actualmente é o partido con maior representación parlamentaria no Dáil Éireann e no Seanad Éireann e goberna en coalición co Partido Laborista.