Finding Forrester é un filme estadounidense dirixido por Gus Van Sant e escrito por Mike Rich. Un adolescente afroamericano, Jamal Wallace (Rob Brown), é convidado a asistir a un prestixioso instituto privado. Por casualidade, Jamal convértese en amigo do escritor William Forrester (Sean Connery), que redefine o seu talento a través da escritura. Anna Paquin, F. Murray Abraham, Michael Pitt, April Grace e Busta Rhymes completan o elenco do filme.
Malia que o filme non está baseado nunha historia real, os críticos compararon a personaxe interpretada por Connery co escritor real J.D. Salinger.[3][4] Connery confirmou con posterioridade que a insipiración da súa personaxe procedía realmente de Salinger.[5]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas