Os filaríidos (Filariidae), nas clasificacións tradicionais, son unha familia de nematodos da clase dos secernénteos, orde dos espirúridos e superfamilia dos filarioideos.[1][2]
As especies desta familia son todas filarias responsábeis de parasitoses (filarioses) en vertebrados (incluídos os humanos).
Taxonomía
Descrición
A famila foi descrita en 1864 polo científico, médico e parasitólogo británico Thomas Spencer Cobbold.[3]
Xéneros
A familia comprende os xéneros seguintes:
Nota taxonómica
Segundo o WoRMS, a familia do filaríidos está formada por un único xénero, Filaria, que, segundo esta base de datos, é a única da superfamila dos filarioideos, unha das nove integradas na orde dos espiruromorfos (Spiruromorpha).[4]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2, pp. 15, 117 e 301.
Outros artigos