Estritamente limitada a unha gran franxa de territorio africano ao redor do golfo de Guinea, é unha filariase menor, debido ao seu baixo grao de patoxenicidade, a excepción dalgúns casos moi raros.
Morfoloxía
Son pequenos vermes brancos, opalinos, coa cutícula grosa. Os femininos poden medir entre 4 e 7 cm de longo e 0,5 mm de diámetro, mentres que os machos son considerabelmente menores (de 10 a 15 mm × 0,4 mm).[1]
Ciclo de vida
Os adultos, moi móbiles, viven, frecuentemente máis de 20 anos, no tecido celular subcutáneo do home, movéndose sen cesar á velocidade de 1 cm/min. Teñen unha especial predilección polos ollos.
O ciclo evolutivo de Loa loa ten dous hóspedes: os humanos, que son o hóspede definitivo, e un tabán, as femias de Chrysops, que son hematófagas e pican nas horas de calor, son os vectores.[6]
As filarias femininas xestantes emiten microfilarias de 300 micrómetros ao tecido celular, desde onde pasan á linfa e despois ao sangue; na periodcidade diúrna, están no sangue periférico a mediados do día, de aí o seu nome microfilaria diúrna. Son extraídos de alí por unha femia de Chrysops cando zuga o sangue, pasan á súa cavidade xeral e, converténdose en larvasinfestantes, acumúlanse na probóscide, e escapan durante a seguinte picada, penetrando activamente polos tegumentos do novo suxeito e chegando ao tecido celular subcutáneo onde alcanzan o estadio adulto en 3 meses ou máis.
As microfilarias teñen, pois, unha periodicidade diúrna e están revestidas por unha vaíña o cutícula. Durante o día están circulando no sangue e de noite, durante a osúa fase non circulatoria, encóntranse nos pulmóns. Cando a mosca, que ten o hábito de picar de día, chucha o sangue dun hóspede infestado, pode inxerir a microfilaria, perdendo esta a súa envoltura e migrando do aparato dixestivo aos músculostorácicos do artrópodo. É alí onde as microfilarias se desenvolven en larvas, que migran á probóscide preparándose para infestar a un hospedador susceptíbel.
Loa loa tamén pode encontrarse nos ollos, causando opacidade corneal e incluso cegueira.
Notas
↑ 1,01,1Gerald D. Schmidt & Larry S. Roberts (2009): Foundations of Parasitology. 8th ed. New York, NY: McGraw Hill. ISBN 978-0-0730-2827-9.
↑Metzger, Wolfram Gottfried; Mordmüller, Benjamin (abril de 2014). "Loa loa—does it deserve to be neglected?". The Lancet Infectious Diseases(en inglés)14 (4): 353–3575.
↑Ferris, H. (2008): THE "NEMATODE-PLANT EXPERT INFORMATION SYSTEM", A Virtual Encyclopedia on Soil and Plant Nematodes. Comparison of Morphology- and DNA-based Classifications. Department of Nematology, University of California.
↑Prevention, CDC – Centers for Disease Control and. "CDC – Loiasis – Biology". www.cdc.gov. Consultado o 21 de fenbreiro de 2021.
Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2, pp. 15, 117 e 301.
Romero-Mayén, A. R. & León-Règagnon, V. (2016}: "A new species of Foleyellides (Nematoda: Onchocercidae) parasite of Lithobates spp. (Amphibia: Ranidae) from Mexico with a key for the species of the genus". Zootaxa4071 (3): 581–586.