A festa do mexillón é unha festa gastronómica anual celebrada na parroquia de Chapela, no concello de Redondela a primeira ou a segunda fin de semana de setembro[1]. A festa consiste nunha degustación de mexillón en diferentes modalidades, e un concurso gastronómico.