A Festa da orella é unha festa gastronómica anual celebrada na parroquia de Cedeira, no concello de Redondela o primeiro domingo de decembro.[1] A orixe desta festa foi en 1994, nun primeiro momento dentro das festas de Santo Andrés. Posteriormente, ambas celebracións desvinculáronse entre si, pasando a seren festas independentes. Dende ese ano celébranse degustacións deste produto procedente do porco, ademais dun concurso gastronómico.