Ferruccio Panagini

Modelo:BiografíaFerruccio Panagini

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de outubro de 1929 Editar o valor en Wikidata
Novara, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte20 de abril de 2010 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Novara, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Deportehóckey a patíns Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAtacante Editar o valor en Wikidata
Ferruccio Panagini en 1953.

Ferruccio Panagini, nado en Novara (Piemonte) o 12 de outubro de 1929 e finado en Novara o 20 de abril de 2010, foi un xogador e adestrador de hóckey a patíns italiano campión do mundo en 1953.

Traxectoria

Ferruccio Panagini iniciou a súa carreira deportiva no club da súa cidade natal, o Hockey Novara, club co que gañou seis ligas (1946, 1947, 1949, 1950, 1958 e 1959). Fixo o seu debut na selección italiana en 1948, a partir daquela e ata a súa retirada da selección azzurra en 1961 colleitou 157 participacións, aínda que o seu mellor momento na selección chegou en 1953 coa consecución do Campionato do Mundo disputado en Xenebra (Suíza) e que supuxo o primeiro título mundial de Italia nesta modalidade deportiva[1] Logo da súa etapa como xogador foi comisario técnico da selección italiana entre 1964 e 1969. Foi nomeado a Cavaliere della Repubblica Italiana.

Finalizada a súa experiencia na selección converteuse no adestrador do seu equipo de sempre, o Novara, gañando oito scudetti entre 1969 e 1977 coa única interrupción do campionato de 1976 no que se clasificou segundo. Foi galardoado coa Medalla de ouro ao valor atlético.

Palmarés

Como xogador

Hockey Novara

Selección italiana

Como adestrador

Hockey Novara

Notas

  1. Esta competición tamén foi considerada Campionato de Europa.

Véxase tamén

Ligazóns externas