Fernando Suárez Barcia

Modelo:BiografíaFernando Suárez Barcia

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoabril de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Uruguai Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Ribadeo
2007 – 2023
← Balbino Pérez VacasDaniel Vega Pérez → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Ribadeo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

Instagram: fernandoribadeo Editar o valor en Wikidata

Fernando Suárez Barcia, nado no Uruguai en abril de 1973, é un político ribadense vinculado ao nacionalismo galego.

Traxectoria

Fernando Suárez Barcia e Darío Campos Conde asinando a petición do PIA para a residencia de maiores de Ribadeo
Suárez Barcia e Darío Campos (presidente da Deputación de Lugo) asinando a petición do PIA para a residencia de maiores de Ribadeo

Estudou o ensino medio en Ribadeo, no IES Porta da Auga, facendo logo Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos na Universidade de Santiago de Compostela.[1] É funcionario do concello da Veiga, onde sacou a praza ós 21 anos.[2] Membro do Bloque Nacionalista Galego, foi concelleiro en 1999, e logo Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Obras e Urbanismo en Ribadeo con 30 anos[2] nun goberno presidido polo socialista Balbino Pérez Vacas (2003).

Suárez, diante da casa consistorial.

Nas eleccións municipais de 2007 converteuse en alcalde, cando obtivo coa súa formación un 30,77% dos votos totais nas eleccións municipais celebradas ese ano, sendo a forza política máis votada e ocupando catro escanos no concello (sobre 13), cos que formou grupo de goberno. Dende 2011 é alcalde de Ribadeo con maioría absoluta ao conseguir 7 concelleiros de 13 e a revalidou nas de 2015 (10 de 17) e 2019 (7 de 13).

En decembro de 2022 anunciou que non se presentaba ás eleccións de 2023, sendo substituído na lista do BNG para ditas eleccións por Pablo Vizoso Galdo.[3][4]

Dentro das súas aficións, practica o ciclismo as fins de semana.[5]

Notas

  1. "Fernando Suárez Barcia" (en inglés). Consultado o 24-11-2018. 
  2. 2,0 2,1 https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2023-06-19). "«Este luns recupero a miña vida, xa son unha persoa anónima máis»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-06-19. 
  3. Lugo, El Progreso de (2022-12-17). "Fernando Suárez pone punto final a 16 años como alcalde del BNG en Ribadeo". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2022-12-18. 
  4. "Fernando Suárez cierra una etapa en Ribadeo al renunciar a la reelección". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-12-18. Consultado o 2022-12-18. 
  5. "Para desconectar cada domingo collo a bici e ando 90 kilómetros". La Voz de Galicia (en castelán). 7-2-2019. Consultado o 8-2-2019. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas