- Para o artigo do ilustrador, véxase Fernando Tato
Fernando Rafael Tato Plaza, nado en Santiago de Compostela en 1962 e finado no Sisto (Ribasar, Rois) o 8 de xaneiro de 2000,[1] foi un filólogo e tradutor galego.
Traxectoria
Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Impartiu docencia nas Escola Universitaria de Formación de Profesorado de EXB na cidade de Lugo, na Universidade da Coruña e na Facultade de Filoloxía de Compostela. Foi membro do Instituto da Lingua Galega.
Colaborou na elaboración de dicionarios de léxico común, linguaxe administrativa e antropónimos. Publicou artigos relacionados coa lexicografía, onomástica, edición e gramática histórica. Na súa faceta de editor, ocupouse, conxuntamente con Ana Boullón, da edición de Teatro de Máscaras de Ramón Otero Pedrayo (1989) e, en solitario, do Libro de Notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457), distinguido co premio Lois Peña Novo de 1999.
Foi tradutor literario, na combinación inglés-galego[2]; por exemplo, súa foi a primeira tradución ao galego do Frankenstein de Mary Shelley.
Foi membro fundador da Asociación de Tradutores Galegos e da Asociación Galega de Onomástica.
Vida persoal
Foi parella de Ana Isabel Boullón Agrelo.[1]
Obra
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas