Fernando Olmedo Reguera

Modelo:BiografíaFernando Olmedo Reguera

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xaneiro de 1873 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteexecución extraxudicial, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturabasílica de Jesús de Medinaceli Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Freires Menores Capuchinos Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa2 de agosto Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5343908 BUSC: fernando-olmedo-de-santiago-o-f-m-cap-1873-1936

Fernando Olmedo Reguera, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1873 e finado en Madrid o 12 de agosto de 1936, foi un frade e xornalista galego.

Traxectoria

Fillo de Fernando Olmedo e Elisa Reguera, propietarios dos almacéns Olmedo da vila de Pontevedra. Nesta cidade fundou o Círculo Católico de Obreros e colaborou en El Criterio Gallego e El Áncora, do que tamén foi director. Tamén colaborou en El Pensamiento Galaico e El Alcance de Santiago de Compostela. Doutorouse en Dereito, e o 15 de febreiro de 1901 ingresou na orde dos capuchinos, sendo ordenado presbítero o 31 de xullo de 1904.

Foi asasinado durante a guerra civil española, e soterrárono na cripta da basílica de Xesús de Medinaceli de Madrid. Foi beatificado o 3 de outubro de 2013.[1]. Na cidade de Pontevedra unha rúa leva o nome Padre Fernando Olmedo.[2]

Notas

  1. Herrero, Elena (23 de xullo de 2013). "El Padre Fernando Olmedo será beatificado en octubre". Diario de Pontevedra. 
  2. "Calle del Padre Fernando Olmedo". Callejero.net. Consultado o 24 de outubro de 2024. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas