Fernando Alfaro Ponce, coñecido artisticamente como Fernando Alfaro, nado en Alcadozo (Albacete) o 24 de outubro de 1964, é un músico español recoñecido pola súa iniciativa na creación e popularización do indie rock dentro do Estado español.[1]
Traxectoria
Cofundador do grupo Surfin' Bichos en 1988, e fundador da banda Chucho en 1995 co selo discográfico Limbo Starr. Posteriormente os excompoñentes de Surfin' Bichos embarcáronse á súa vez no grupo de referencia para a escena indie Mercromina.[2]
Trala disolución de Chucho, Fernando Alfaro segue en activo como Fernando Alfaro y los Alienistas, recentemente no 2015 publicando "Saint-Malo" (I*M / Intromúsica, 2015). Un traballo gravado xunto a Xavi Molero (batería), Darío Vuelta (baixo), Marcel Cavallé (guitarra) e Eduardo Martínez (teclado).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía