Fernando Abril Martorell, nado en Valencia o 31 de agosto de 1936 e finado en Madrid o 16 de febreiro de 1998,[1] foi un político e executivo español.
Traxectoria
Estudou Enxeñería Eléctrica e Ciencias Políticas en Madrid. En 1969 foi nomeado presidente da Deputación Provincial de Segovia. Foi director técnico do FORPPA (1971-1972), director xeral de Produción Agraria (1972-1974).
Carreira política
e procurador en Cortes de 1967 a 1971 e de 1971 a 1977.[2]
Home de confianza de Adolfo Suárez, ó acceder á Presidencia de Goberno nomeouno Ministro de Agricultura (1976-1977). Senador por designación real (1977-1979), foi un dos fundadores da UCD, forza pola que foi elixido deputado por Valencia (1979-1982) e presidente rexional da UCD de Valencia.
Foi Vicepresidente Terceiro do Goberno (1977-1978), Ministro de Economía (1978-1979) e Vicepresidente Segundo do Goberno (1978-1980).
Participou nos traballos de elaboración do estatuto de autonomía valenciano[3] e unha vez aprobado, a partir de 1982, deixou a política e dedicouse ó mundo empresarial.
Carreira empresarial
Foi presidente da Unión Naval de Levante dende 1983 a 1998;[4] vicepresidente do Banco Central e, posteriormente, do Banco Central Hispano (1991).[1]
Foi autor, en 1993, do Informe Abril que lle encargou Felipe González para avaliar o sistema sanitario español.[1]
Morreu en Madrid dun cancro de pulmón.[1]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas