Fernan Padron foi un trobador galego[1] do século XIII, autor de composicións da lírica galego-portuguesa.[2][3] É mencionado no libro Os Trobadores de Víctor Balaguer.[4]
Biografía
Polo nome, os investigadores deducen que provén de Padrón, localidade na que había unha liñaxe de cabaleiros denominados así.[5] Entre 1164 e 1178 aparece un Fernan Pais Padron nos documentos do mosteiro de Toxos Outos, así como nunha escritura onde aparecen nobres relacionados coa primeira xeración da lírica galego-portuguesa.[2] Con todo, pola zona que ocupa a súa obra nos cancioneiros, pertence á primeira metade do século XIII, polo que podería ser fillo ou neto do mencionado Fernan Pais Padron.[5]
Obra
Consérvanse 3 cantigas de amor recompiladas no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional e Cancioneiro da Ajuda.[6] Nas cantigas ‘Nulh'home nom pode saber’ e ‘Vos meus olhos, que mia senhor’ emprega os ollos como pretexto para expresar o seu amor e o sufrimento que padece polo mesmo.[7][8][9]
Notas
- ↑ Brea, Mercedes (2008). Estudos sobre léxico dos trobadores. Univ Santiago de Compostela. ISBN 978-84-9887-026-8. Consultado o 2021-07-24.
- ↑ 2,0 2,1 "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-07-21.
- ↑ González Seoane, Ernesto; Álvarez de la Granja, María; Boullón Agrelo, Ana Isabel (2006). Universidade de Santiago de Compostela, ed. Dicionario de dicionarios do galego medieval. España. p. 104. ISBN 9788497507738.
- ↑ Balaguer, Víctor (1883). Los trovadores (en castelán). M. Tello. Consultado o 2021-08-10.
- ↑ 5,0 5,1 ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-05-01.
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-07-21.
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-07-21.
- ↑ Galicia: Literatura : La Edad Media (en castelán). Hércules de Ediciones. 2006*. Consultado o 2021-07-24.
- ↑ Reyes, Jesús L. Serrano (2003). Cancioneros en Baena: actas del II Congreso Internacional Cancionero de Baena : in memoriam Manuel Alvar (en castelán). M.I. Ayuntamiento de Baena. ISBN 978-84-606-3345-7. Consultado o 2021-07-24.
|
---|
Xeración histórica | |
---|
Xeración intermedia | |
---|
Corte de D. Dinís | |
---|
Epígonos | |
---|
Outros | |
---|
|