Men Rodriguiz Tenoiro (tamén Men Rodriguiz Tenoiro ou Tenoyrio) foi un nobre e trobador do século XIII e comezos do século XIV, activo nas cortes de Afonso X e Sancho IV.[1][2][3]
Traxectoria
Aínda que naceu en Castela, a súa familia provén de Pontevedra. Carolina Michaëlis propón que a súa liñaxe procede de Afonso IX.[3] Recibiu de Afonso X posesións en Xerez da Fronteira ao redor de 1266, posteriormente tivo presenza e ocupou algúns cargos na cidade de Sevilla, onde seguiu residindo e contribuíndo a súa defensa en tempos de Sancho IV. Trala morte de Sancho IV, tomou parte polo infante Pedro, chegando a ser nomeado adiantado e posteriormente xuíz de apelación. Despois de 1315 non é mencionado en ningún documento.[2]
Seu irmán Ruy Pérez Tenorio asasinou o tamén trobador Pai Gómez Chariño.[3]
Obra
Consérvanse sete obras e outras seis son de dubidosa autoría.[3] Das sete obras: cinco son cantigas de amigo, outra de escarnio e maldicir, ademais dunha tenzón con Juião Bolseiro.[4] As seis atribuídas son cinco cantigas de amor e unha de escarnio.[3]
Notas
|
---|
Xeración histórica | |
---|
Xeración intermedia | |
---|
Corte de D. Dinís | |
---|
Epígonos | |
---|
Outros | |
---|
|