Felix Ormazabal Askasibar, nado en Araia, Asparrena, Áraba, en 1940 e finado en Vitoria o 15 de xaneiro de 2022,[1] foi un político vasco de ideoloxía nacionalista vasca.
Traxectoria
Licenciado en Teoloxía e Dereito, formou parte do segundo Consello Xeral Vasco como Conselleiro de Agricultura e Pesca. Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido alcalde da súa localidade natal e Deputado foral de Áraba nas listas do Partido Nacionalista Vasco.
Elixido deputado nas eleccións ó Parlamento Vasco de 1980, renunciou ós poucos meses para seguir ocupando a Consellería de Agricultura e Pesca no Goberno Vasco, que mantivo até 1988. Foi reelixido deputado sucesivamente nas eleccións vascas dende 1984 até 1994. En 1995 foi elixido Deputado xeral de Áraba e no 2000, director de Portos Deportivos da Consellería de Transportes, cargo que ocupou até a vitoria do socialista Patxi López nas eleccións de 2009.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas