A Federación de Fútbol de Islandia ou KSÍ (en islandés: Knattspyrnusamband Íslands) é o organismo encargado da organización do fútbol en Islandia.
Foi fundada en 1947 e está afiliada á FIFA desde ese mesmo ano. En 1954 foi unha das asociacións fundacionais da UEFA.
Encárgase da organización da liga e a Copa de Islandia, así como os partidos da Selección de fútbol de Islandia nas súas distintas categorías.
Véxase tamén
Ligazóns externas