Febre de Oropouche

Febre de Oropouche
Diversos dípteros son os principais vectores que transmiten o virus Oropouche aos humanos
SíntomasFebre, dor de cabeza, artralxia, mialxia, náuseas, vómitos, mareos, fotofobia, erupcións cutáneas
ComplicaciónsMeningoencefalite
Inicio habitual3–8 días
Duración2–7 días
DiagnósticoClínico, laboratorio (PCR)
PrevenciónNon hai vacina, control de vectores
TratamentoSintomático; non específico
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A febre de Oropouche é unha enfermidade viral tropical causada polo virus Oropouche orthobunyavirus (OROV), un arbovirus do xénero Orthobunyavirus da familia Peribunyaviridae. É endémico na América Central e do Sur, con surtos tamén en partes do Brasil e outros países da rexión.[1][2]

Epidemioloxía

Foi descuberto por primeira vez en 1955 preto do río Oropouche en Trinidad e Tobago. As variacións na escrita, como "ourupuche" e "orepuche", débense a diferenzas fonéticas e ortográficas entre as linguas e dialectos da rexión onde se atopa a enfermidade, pero todas se refiren ao mesmo virus e condición.

A enfermidade foi detectada en varios estados do norte do Brasil en 2023 e pode converterse nun problema serio de saúde pública en calquera momento.

A Organización Panamericana da Saúde emitiu un alerta epidemiolóxico en febreiro de 2024 debido ao aumento na detección de casos na rexión da Amazonia brasileira e peruana.[3] En maio e xuño de 2024 houbo unha epidemia do virus en Cuba.[4]

Casos en Galiza

En 2024, detectouse por primeira vez un caso de febre de Oropouche en Galiza, importado de Cuba. A pesar de que o vector principal, o mosquito Culicoides paraensis, non se atopa en Europa, non se descarta a posibilidade de que outras especies poidan actuar como vectores.[5]

Transmisión

A transmisión ocorre en dous ciclos: un silvestre, candodípteros, como mosquiñas e mosquitos pican do sangue de macacos e preguiceiros, e un urbano, afectando principalmente aos humanos. Os principais vectores son Aedes serratus e Coquillettidia venezuelensis para o ciclo silvestre, e Culicoides paraensis para o ciclo urbano.[6][7]

Síntomas

Os síntomas inclúen febre alta (entre 38 e 39.5°C), dor de cabeza, calafríos, dor muscular e nas articulacións, vómitos e náuseas, e son semellantes aos do dengue, chikungunya e zika, pero sen casos graves reportados até o momento.[8][9] En casos graves, pode haber hemorraxias excesivas e o sistema nervioso central pode verse afectado, con inflamación do encéfalo e das meninxes.[10]

Tratamento e prevención

Non existe un tratamento específico; o manexo é principalmente sintomático, incluíndo repouso e hidratación. Non se dispón de vacina, pero estanse realizando estudos para o seu desenvolvemento.[11]

Notas

  1. "Fiocruz vira referencia em protocolo de deteção do vírus Oropouche". portal.fiocruz.br. Consultado o 2024-08-09. 
  2. "Alerta epidemiológico da OPAS sobre Febre de Oropouche". paho.org. Consultado o 2024-08-09.  (en portugués)
  3. "Alerta epidemiológica - Oropouche en la Región de las Américas - OPS/OMS". www.paho.org (en castelán). 2024-02-02. Consultado o 2024-08-09. 
  4. "Alerta epidemiológica - Oropouche en la Región de las Américas - 2 de febrero del 2024 - OPS/OMS". Consultado o 2024-08-09.  (en castelán)
  5. "O virus Oropouche detéctase por primeira vez en Galicia". 2024-08-08. Consultado o 2024-08-09. 
  6. "Febre oropouche: O que é, sintomas, tratamentos e causas.". Consultado o 2024-08-09. 
  7. Ayala MM, Díaz F, Spinelli GR, Micieli MV, Ronderos MM (2022-11-08). "Redescription of immature stages of Culicoides paraensis (Goeldi) (Diptera: Ceratopogonidae), vector of the Oropouche virus". Zootaxa 5205 (3): 249–264. doi:10.11646/zootaxa.5205.3.4. Consultado o 2024-08-09. 
  8. "Primeiro registro de epidemias causadas pelo vírus Oropouche nos Estados do Maranhão e Goiás, Brasil.". Consultado o 2024-08-09. 
  9. "Vírus transmitido por insetos pode ser confundido com dengue". O Globo (en portugués). 2016-01-07. Consultado o 2024-08-09. 
  10. Sakkas, Hercules; Bozidis, Petros; Franks, Ashley; Papadopoulou, Chrissanthy (2018-04-04). "Oropouche Fever: A Review". Viruses 10 (4): 175. ISSN 1999-4915. PMC 5923469. PMID 29617280. doi:10.3390/v10040175. 
  11. Zhang, Yuli; Liu, Xiao; Wu, Zhen; Feng, Shuo; Lu, Ke; Zhu, Wenbing; Sun, Hengyi; Niu, Guoyu (2024-03-01). "Oropouche virus: A neglected global arboviral threat". Virus Research 341: 199318. ISSN 0168-1702. PMC 10827532. doi:10.1016/j.virusres.2024.199318. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.