A farsa de Ávila foi unha cerimonia que tivo lugar nos arredores de Ávila o 5 de xuño de 1465, cando un grupo de grandes nobres casteláns depuxo en efixie o rei Henrique IV de Castela e proclamou rei no seu lugar o seu medio-irmán o infante Afonso, máis coñecido como "Afonso o Inocente". O nome de farsa foi dado polos detractores á proclamación, e con ese nome pasou á historia. Porén, hoxe en día, a denominación de "farsa" é rexeitada pois interprétase que foi unha deposición real.[1]
O 11 de decembro de 1464 a liga en contra do rei Henrique deu un ultimato: si o rei non rectificaba no seu comportamento e non se desfacía do seu goberno, destituiríano.[3] Henrique tratou de negociar pero non houbo acordo e o rei foi deposto, primeiro en Plasencia o 27 de abril de 1465 e, a continuación, en Ávila o 5 de xuño.[4]
Desenvolvemento da cerimonia
Sobre un gran taboado visible desde gran distancia, os conxurados colocaron unha estatua de madeira que representaba ao rei vestido de loito e ataviado coa coroa, o bastón e a espada reais. Na cerimonia estaban presentes Alfonso Carrilloarcebispo de Toledo, o marqués de Villena, o conde de Plasencia, o conde de Benavente e outros cabaleiros de menos status, ademais dun público composto por persoas do pobo chan. Tamén se atopaba alí o infante Afonso, que por entón aínda non chegaba aos 13 anos de idade.[4]
Celebrouse unha misa e, unha vez terminada, os rebeldes subiron ao taboado e leron unha declaración con todos os agravios dos que acusaban a Henrique IV. Segundo eles, o rei mostraba simpatía polos musulmáns, era homosexual, tiña un carácter pacífico e, a acusación máis grave, non era o verdadeiro pai da princesa Xoana, á que xa que logo negaban o dereito a herdar o trono.[4]
Tralo discurso, o arcebispo de Toledo quitoulle á efixie a coroa, símbolo da dignidade real. Daquela o conde de Plasencia quitoulle a espada, símbolo da administración de xustiza, e o conde de Benavente quitoulle o bastón, símbolo do goberno. Para rematar, Diego López de Zúñiga, irmán do conde de Plasencia, derribou a estatua gritando Á terra, puto![4] Seguidamente subiron ao infante Afonso ao taboado, proclamárono rei ao grito de Castela, polo rei don Afonso! e procederon á cerimonia do beixamáns.[4]
Máis adiante, o marqués de Villena, os seus parentes e parte dos seus aliados romperon con Isabel e, ao morrer Henrique en 1474, apoiaron á princesa Xoana como herdeira ao trono, aínda que non poucos dos integrantes da Corte de Afonso XII pasáronse ao bando isabelino e prosperaron nel. Estalou así a Guerra de Sucesión castelá, que se prolongaría ata 1479.
↑Cf. Óscar Perea Rodríguez, "La Corte literaria de Alfonso el Inocente (1465-1468) según las Coplas a una partida de Guevara, poeta del Cancionero General", en Medievalismo. Revista de la Sociedad Espanola de Estudios Medievales núm 11 (2001), pp. 33-54
Véxase tamén
Bibliografía
Carrasco Manchado, Ana Isabel (2006). Isabel I de Castilla y la sombra de la ilegitimidad(en castelán). Madrid: Sílex. ISBN978-84-7737-165-6.