Fanny foi unha banda de música rock estadounidense activa a principios dos anos 70. Foi unha das primeiras bandas de mulleres de rock en conseguir éxito da crítica e de vendas, incluídos dous sinxelos no top 40 da lista Billboard Hot 100.[1]
O grupo foi fundado pola guitarrista June Millington e a súa irmá, a baixista Jean, que levaban tocando xuntas dende que se mudaran de Filipinas a California a principios dos anos 60. Tras tocar con distintas formacións, chamaron a atención do produtor Richard Perry quen as fichou para Reprise Records en 1969 como Fanny. A banda gravou catro álbums antes de que June Millington deixase o grupo, facendo que a formación orixinal se separase en 1975 tras derradeiro álbum. As irmás Millington continuaron tocando xuntas dende a separación e xunto coa bateríaBrie Howard Darling formaron o grupo spin-off Fanny Walked the Earth en 2018.[1]
O grupo continuou atraendo a aclamación da crítica por rexeitar os típicos estilos dun conxunto musical de mulleres e as expectativas que se tiñan sobre as mulleres na industria do rock, e enfatizando as súas habilidades musicais. Grupos posteriores como The Bangles e The Runaways, citaron a Fanny como unha importante influencia.[1]
Discografía
Álbums
Notas