Falu é un municipio sueco (kommun) do condado de Dalarna.[1] A súa capital é a cidade de Falun que tamén é a capital do condado.
O concello está situado no sueste do landskap de Dalarna e limita ao norte cos municipios de Ovanåker e Bollnäs, ao nordés co de Ockelbo, e ao leste cos de Sandviken e Hofors, todos eles no condado de Gävleborg. Ao sueste limita cos concellos de Hedemora e Säter, ao suroeste co de Borlänge, e ao noroeste cos de Leksand e Rättvik, no condado de Dalarna.