Fallout 4 está ambientado na postapocalíptica cidade estadounidense de Boston, Massachusetts no ano 2287, 210 anos despois dunha devastadora guerra nuclear, na que o personaxe do xogador emerxe dun búnker subterráneo coñecido como Vault.[2] A xogabilidad é similar á do Fallout 3. O xogador completa varias misións e adquire puntos de experiencia para subir de nivel aos seus personaxes. Con perspectivas dispoñibles en primeira e terceira persoa, os xogadores poden explorar o mundo aberto de Fallout 4 a vontade, dando paso a unha xogabilidade non-lineal. Algúns compañeiros poden unirse ao xogador para acompañalo nas súas viaxes para axudarlle nas batallas e na recolección de distintos obxectos. Os xogadores teñen a habilidade de construír e desmantelar edificios e elementos, que utilizan para construír uns asentamentos, os cales poden ser habitados por personaxes non xogables.
Houbo múltiples rumores acerca de Fallout 4 ata o seu anuncio oficial. O xogo foi anunciado o 3 de xuño de 2015, as primeiras imaxes da mecánica de xogo amosáronse na propia conferencia de Bethesda no 2015Electronic Entertainment Expo.[3] O xogo conta coa actuación de voz para o protagonista, o primeiro na serie.
A pesar da grande acollida dalgúns dos seus lanzamentos no pasado, como The Elder Scrolls V: Skyrim, Bethesda Game Studios crese que Fallout 4 pode ser o maior lanzamento da súa historia.[4] Fallout 4 postúlase como un dos grandes títulos para afrontar a recta final de 2015. Fallout 4 recibiu críticas positivas, moitas encomian a profundidade do mundo, a liberdade do xogador, a gran cantidade de contido, historia, artesanía, personaxes e banda sonora. En canto á visualización, recibiu críticas mixtas e a presenza de problemas técnicos foi criticada.
Xogabilidade
A xogabilidade de Fallout 4 é moi similar á dos seus predecesores Fallout 3 e Fallout New Veigas. Onde podes volver elixir entre un modo en primeira persoa e terceira persoa, e onde podes ir con total liberdade a calquera punto do mapa. Có engadido dun sistema de diálogos dinámico grazas a 111 000 liñas de diálogo, e un sistema de crafteo moito máis profundo posto en funcionamento en todas as armas do xogo.[5]
Argumento
O 23 de outubro de 2077 houbo unha guerra nuclear que destruíu o mundo, o xogador entra no refuxio 111 no cal o colocan en "cryo stasis" ata o ano 2287. O xogador sae do seu estado de conxelación cara ao ermo en busca do seu fillo "Shaun" quen foi secuestrado.