Os falcónidos (Falconidae) son un clado de aves rapaces diúrnas que inclúe aproximadamente 60 especies como os falcóns e caracaras ou caranchos. A diferenza doutros Falconiformes, como os Accipitridae, ademais das poutas, empregan o peteiro para matar ás súas presas, para o que dispoñen dunha protuberancia córnea no peteiro superior, preto da comisura, coñecida como dente de falcón.