Fórneas, Martín, Baleira

Fórneas
ParroquiaMartín
ConcelloBaleira
Coordenadas43°06′21″N 7°13′49″O / 43.105968148644, -7.2302286931746
Poboación2 hab. (2015)
editar datos en Wikidata ]

Fórneas é un lugar da parroquia de Martín, no concello lugués de Baleira. Tiña 2 habitantes en 2015 (1 home e 1 muller) segundo datos do IGE[1]. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2007 cando tiña 5 habitantes (2 homes e 3 mulleres), e dous habitantes menos que en 2006. Na década de 1950 había censados 11 veciños, cun total duns 70 habitantes.

Patrimonio

No lugar están as minas de Casalusío, explotadas na segunda metade do século XIX. Na Serra está o Forno dos Mouros, aparentemente sen restos arqueolóxicos. Nas súas proximidades está o Pozo dos Lobos, unha trampa para cazar lobos. Na Valiña hai augas férreas.

Festas

A festa era o primeiro domingo de xuño, á que adoitaba ir a banda de música da Muíña ou a de Bolaño.

Lugares e parroquias

Lugares de Martín

Lugares da parroquia de Martín no concello de Baleira (Lugo)

O Casal | Coroto | A Cortevella | A Costa | Coto de Pedra | Fórneas | Landeira | Loureiro | Martín | Mendreiras | Murias | Paradela | As Penelas | O Real | As Salgueiras | San Bernabel | A Xesteira

Parroquias de Baleira

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Baleira

A Braña (San Miguel) | Córneas (Santiago) | Cubilledo (Santiago) | A Degolada (San Lourenzo) | A Esperela (San Pedro) | A Fontaneira (Santiago) | Fonteo (Santa María) | A Lastra (San Xoán) | Librán (Santa Mariña) | Martín (Santiago) | Pousada (San Lourenzo) | Retizós (Santa María Madanela)

Notas

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 6 de decembro de 2016.