Librán, Baleira

Librán
Castro da Pereira.
ConcelloBaleira[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°02′00″N 7°15′00″O / 43.03333333, -7.25
Área15,58 km²
Poboación119 hab. (2019)
Densidade7,64 hab./km²
Entidades de poboación15[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Mariña de Librán é unha parroquia do concello lugués de Baleira que pertence a comarca da Fonsagrada e ó arciprestado de Valdepedroso. No ano 2013 tiña 132 habitantes, distribuídos en 14 entidades de poboación.

Xeografía

Limita ó norte coas parroquias de Fonteo; ó sur con A Esperela; ó leste Cubilledo e A Fontaneira e ó oeste con Bolaño (Castroverde) e Vilabade (Castroverde). Librán pertenceu a antiga xurisdición territorial de Baleira, sobre a que exercían señorío os condes de Amarante.

As entidades de poboación son as seguintes: Aldegunde (7), Barcias (38), A Carraceira (14), Catatrigo (17), O Chao (deshabitado), O Foxo (7), A Golpilleira (7), Penas (3), A Pereira (11), A Ponte (4), Saíme (2), Soumede (2), O Ventorro (deshabitado) e Vilares (20).

Patrimonio

Na aldea de Saíme está a Igrexa parroquial de Santa Mariña de Librán. O edificio, de orixe románica, na actualidade non conserva ningún elemento deste estilo debido ás diversas remodelacións que experimentou ó longo dos séculos. Ó parecer, a súa configuración na planta responde á do edificio románico. Ten nave rectangular con presbiterio cadrado e ábsida semicircular. No lateral dereito conserva acaronada unha dependencia que non está comunicada coa nave, de planta rectangular, que se utiliza coma almacén. Os muros son de cachotaría e cantería de granito e lousa, e a cuberta de lousa a dúas e catro augas. Ó presbiterio accédese por un arco triunfal de medio punto, con outros tres grandes arcos a cada lado a modo de fornelos, sobre os que asenta unha cúpula de media laranxa. A portada principal é alintelada, e adousada ó frontis. Sobre esta hai un cuberto cun arco apuntado, do que arranca a torre, con catro vans de arco de medio punto sobre impostas.

Na aldea de Soumede está a capela de San Mamede. Un pequeno edificio de construción popular que consta dunha planta rectangular conformada por muros de cachotería e cantería de granito e xisto, e cuberta de lousa a dúas augas. Está moi remodelado debido as diferentes reconstrucións que sufriu. A portada principal é alintelada.

Notas

Lugares e parroquias

Lugares de Librán

Lugares da parroquia de Librán no concello de Baleira (Lugo)

Aldegunde | Barcias | A Carraceira | Catatrigo | Cerreda | O Chao | O Foxo | A Golpilleira | Penas | A Pereira | A Ponte | Saíme | Soumede | O Ventorro | Vilares


Galería de imaxes

Parroquias de Baleira

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Baleira

A Braña (San Miguel) | Córneas (Santiago) | Cubilledo (Santiago) | A Degolada (San Lourenzo) | A Esperela (San Pedro) | A Fontaneira (Santiago) | Fonteo (Santa María) | A Lastra (San Xoán) | Librán (Santa Mariña) | Martín (Santiago) | Pousada (San Lourenzo) | Retizós (Santa María Madanela)

Véxase tamén

Outros artigos