Exército do Aire de España

Exército do Aire de España
Ejército del Aire
Activa28 de febreiro de 1913
PaísEspaña España
FidelidadeFilipe VI de España
PapelForza Aérea
Lema(s)Per aspera ad astra
Insignias
Escarapela
Distintivo de cola
Sede do Exército do Aire na rúa Princesa de Madrid.

O Exército do Aire é unha das tres ramas en que se dividen as Forzas Armadas de España. Conxuntamente coa Armada e o Exército de Terra, ten asignado por medio do artigo oitavo da Constitución Española a misión de garantir a soberanía e independencia de España, defender a súa integridade territorial e o ordenamento constitucional.

Organización e estrutura

Organización territorial

A organización territorial do Exército do Aire é a seguinte:

  • I rexión aérea. Zonas central e noroeste da Península Ibérica, con Capitanía xeneral en Madrid.
  • II rexión aérea. Zona sur, con Capitanía xeneral en Sevilla.
  • III rexión aérea. Zona nordeste e Baleares, con Capitanía xeneral en Zaragoza.
  • Zona Aérea de Canarias, con sede nas Palmas.

Mandos aéreos

Cada rexión aérea é sede dun dos mandos aéreos. O xefe de cada mando é tamén capitán xeneral da rexión aérea correspondente.

  • O Mando Aéreo de Combate (Macom), en Madrid.
  • O Mando Aéreo Táctico (Matac), en Sevilla.
  • O Mando Aéreo de Transporte (Matra), en Zaragoza.
  • O Mando Aéreo das Canarias (Macan), nas Palmas.

Inventario

EF-18 en León
Falcon 900B aterrando en Santiago
CL-215T engalando en Santiago
A400M en León
Avión Orixe Tipo Variante En servizo Notas
Combate
F/A-18 Hornet Estados Unidos multirol EF-18A 73[1]
Eurofighter Typhoon España multirol EF 2000 54[2] 4 pedidos
Patrulla marítima
P-3 Orion Estados Unidos guerra antisubmarina/patrulla marítima P-3A/M 3[1]
CASA C-212 España patrulla marítima 4[1]
CASA CN-235 España / Indonesia patrulla marítima/busca e rescate 8[1]
Guerra electrónica
Falcon 20 Francia guerra electrónica 2[1]
CASA C-212 España guerra electrónica/contramedidas electrónicas 1[1]
Loita contra o lume
Bombardier CL-415 Canadá loita contra o lume 3[3]
Bombardier CL-215 Canadá loita contra o lume 14[3]
Transporte
King Air Estados Unidos utilitario 90 3[1]
CASA C-212 España transporte 9[1]
Airbus A400M Francia/España transporte táctico 3 24 pedidos[2]
C-130 Hercules Estados Unidos transporte C-130H 5[1]
CASA C-295 / 235 España transporte 21[1]
Cessna Citation V Estados Unidos transporte/VIP 3[1]
Airbus A310 Unión Europea VIP 2
Falcon 900 Francia VIP 5
Helicópteros
Sikorsky S-76 Estados Unidos utilitario 8[1] tamén se usan para adestramento
Eurocopter AS332 Super Puma Francia utilitario/busca e rescate de combate 10 2 pedidos[1]
Trainer aircraft
T-35 Pillán Chile adestrador 35[1]
CASA C-101 España adestrador a reacción 64[1]
Northrop F-5 Estados Unidos adestrador a reacción F-5M 19[1]
F/A-18 Hornet Estados Unidos adestrador de conversión EF-18BM 12[1]
Eurofighter Typhoon Unión Europea adestrador de conversión EF 2000 12[1]
Eurocopter EC120 Francia adestrador 6[1]

Empregos

Oficiais

Código OTAN OF-10 OF-9 OF-8 OF-7 OF-6 OF-5 OF-4 OF-3 OF-2 OF-1 OF-D- Alumno
España España Alférez Alumno Cabaleiro/Dama Cadete
Capitán Xeneral1 Xeneral do Aire Tenente Xeneral Xeneral de División Xeneral de Brigada Coronel Tenente Coronel Comandante Capitán Tenente Alférez
* 1 Emprego militar da S.M. o Rei.
Código OTAN OF-10 OF-9 OF-8 OF-7 OF-6 OF-5 OF-4 OF-3 OF-2 OF-1 OF-D- Alumno

Suboficiais e tropa

Código OTAN OR-9 OR-8 OR-7 OR-6 OR-5 OR-4 OR-3 OR-2 OR-1
Bandeira de España España
Suboficial maior Subtenente Brigada Sarxento Primeiro Sarxento Cabo Maior Cabo Primeiro Cabo Soldado de primeira Soldado

Notas

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 "World Air Forces 2018". Flightglobal Insight. 2018. Consultado o 2018-11-25. 
  2. 2,0 2,1 "Orders, Deliveries, In Operation Military aircraft by Country" (PDF). Airbus. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de novembro de 2018. Consultado o 2018-11-25. 
  3. 3,0 3,1 "World Air Forces 2017". Flightglobal Insight. 2017. Consultado o 2018-11-25. 

Véxase tamén

Ligazóns externas