Ewart Douglas Horsfall, nado en Liverpool o 24 de maio de 1892 e finado en Devizes o 1 de febreiro de 1974, foi un remeiro británico, medallista olímpico en Estocolmo 1912 e Antuerpen 1920.
En Estocolmo formou equipo con Edgar Burgess, Leslie Wormwald, Sidney Swann, James Angus Gillan, Arthur Garton, Alister Kirby, Philip Fleming e Henry Wells (temoneiro) como membro do Leander Club, logrando a medalla de ouro en competición con outro equipo británico que representaba ao club New College.
En 1920 obtivo a súa segunda medalla, quedando segundo tras o equipo dos Estados Unidos, os seus compañeiros de equipo foron Guy Oliver Nickalls, Richard Lucas, Walter James, John Campbell, Sebastian Earl, Ralph Shove, Sidney Swann e Robin Johnstone (temoneiro).
Véxase tamén
Ligazóns externas