Eustaquio II de Bologne (en francés Eustache IIe de Boulogne), coñecido tamén como Eustace aux Gernons (Eustaquio con bigotes), nado entre 1015 e 1020 no Ducado de Lorena (Reino de Francia), e finado contra 1087, foi un nobre francés.[1][2][3]
Traxectoria
Fillo de Eustaquio I e Matilde de Lovaina, ao morrer seu pai, herdou o condado de Boulogne, mentres que seu irmán Lamberto herdou o de Lens. Sempre viviu en busca de aliados poderosos para evitar que o seu veciño, o conde Balduíno V de Flandres, anexionara o seu condado, que era próspero por acharse na ruta comercial entre Francia e Inglaterra.
Contra 1036 casou con Goda de Inglaterra, irmá de Eduardo o Confesor, matrimonio que lle permitiu establecer unha alianza coa monarquía inglesa.[4] Viúvo de Goda (1047), Eustaquio casou en 1049 con Ida de Lorena.[3]
Eustaquio II de Boulogne foi un dos compañeiros de Guillerme o Conquistador na batalla de Hastings, polo que recibiu grandes posesións en Inglaterra. Gran personaxe, os seus dominios estendíanse no que hoxe é Pas-de-Calais. Foi o primeiro conde de Boulogne en acuñar moeda.
En 1048 uniuse ao seu sogro contra o emperador Henrique III. Ao ano seguinte, o papa León IX excomungouno por casar dentro do grao prohibido de consanguinidade.[5]
En 1051 Eustaquio visitou Inglaterra e foi recibido con honor na corte de Eduardo o Confesor, o seu excuñado, co que continuaban sendo aliado. Pero, por outra parte, Godwin de Wessex, a figura dominante na Inglaterra da época, casara ao seu fillo Tostig con Judit de Flandres. Máis aínda, Sven, outro fillo de Godwin, mantiña unha disputa co fillastro de Eustaquio, Raúl o Tímido. Unha pelexa na que estiveron implicados cabaleiros de Eustaquio e cidadáns de Dover derivou nun grave conflito entre o rei e Godwin. Este último, en cuxa xurisdición estaba Dover, negouse a castigar aos habitantes, polo que o rei desterrouno cos seus fillos en setembro de 1051. Poren, Godwin regresou e desembarcou ao ano seguinte á fronte de tropas flamengas e, pola forza, obtivo de Eduardo a devolución das súas terras.
Descendencia
Non tivo fillos da súa primeira unión con Goda de Inglaterra (ou Godjifu). Do seu matrimonio con Ida de Lorena naceron:
Notas
- ↑ Tanner, Heather. "The Expansion of the Power and Influence of the Counts of Boulogne under Eustace II". Anglo-Norman Studies 14: 251-277.
- ↑ "NORTHERN FRANCE, NOBILITY". Consultado o 8 de agoto de 2021. NORTHERN FRANCE, NOBILITY presenta un rango de datas tanto para o seu nacemento como para o seu pasamento. A Encyclopædia Britannica 9ª Ed. apoia 1087 como ano da morte. Isto entra en conflito coa fonte anterior e con Holböck, Ferdinand (2002). Married Saints and Blesseds. Ignatius Press. p. 147. ISBN 0-8987-0843-5. e Duby, Georges (1996). Love and Marriage in the Middle Ages. University of Chicago Press. p. 40. ISBN 0-2261-6774-7.
- ↑ 3,0 3,1 Heather J. Tanner, "Eustace (II), count of Boulogne (d. c.1087)", Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004.
- ↑ Vitalis, Ordericus (1854). The Ecclesiastical History of England and Normandy, Vol II. Londres: H. G. Bohn. p. 12.
- ↑ Eustaquio e Ida descendían de Luís II de Francia e eran parentes en sétimo grado. Porén, ao non coñecerse a súa ascendencia completa, é posíbel que houbera unha relación máis próxima. É probábel que o papa, que fora elixido polo emperador, actuara en beneficio de Henrique. En Tanner, H., p. 263.
Véxase tamén
Bibliografía
- Bridgeford, Andrew (1999). "Was Count Eustace II of Boulogne the patron of the Bayeux Tapestry?". Journal of Medieval History 25: 155–185.
- Bridgeford, Andrew (2004). "Whose Tapestry is it Anyway?". History Today 54.
- Bridgeford, Andrew (2005). 1066: The Hidden History in the Bayeux Tapestry. Walker & Company. ISBN 1-8411-5040-1.