O Eurostat (Statistical Office of the European Communities, Oficina estatística das Comunidades Europeas) é a oficina estatística da Comisión Europea, que produce datos sobre a Unión Europea e promove a harmonización dos métodos estatísticos dos estados membros.
Dous dos seus papeis particularmente importantes son a produción de datos macroeconómicos que apoian as decisións do Banco Central Europeo na súa política monetaria para o euro, e os seus datos rexionais e a clasificación Nomenclatura das unidades territoriais estatísticas (NUTS), que orientan as políticas estruturais da Unión Europea.
O Eurostat é unha das Direccións Xerais da Unión Europea e ten a súa sede en Luxemburgo.
Desde o 18 de maio de 2006 o seu Director Xeral é o economista francés Hervé Carré, que está asistido por 7 directores, cada un co seu sector de actividade dentro do Eurostat:
- Recursos
- Métodos estatísticos
- Contas nacionais e europeas
- Estatísticas económicas e rexionais
- Estatísticas agrícolas e ambientais; Cooperación estatística
- Estatísticas sociais e Sociedade da Información
- Estatísticas das empresas
Organización temática
Os datos do Eurostat atópanse divididos en 9 áreas temáticas principais e en 30 áreas subtemáticas. As áreas temáticas principais son:
- Estatísticas xerais e rexionais
- Economía e finanzas
- Poboación e condicións sociais
- Industria, comercio e servizos
- Agricultura e pesca
- Comercio exterior
- Transportes
- Ambiente e enerxía
- Ciencia e tecnoloxía
Véxase tamén
Ligazóns externas