A 12ª edición dos EuroGames celebrouse en Barcelona entre o 24 e o 27 de xullo de 2008.
Historia e características
O club encargado de organizalos foi o Club Esportiu Panteres Grogues. A mascota era unha pantera chamada Mon, abreviación de Montserrat.
A asistencia foi de case 5000 deportistas[1], que participaron en 27 especialidades deportivas. Foron uns xogos de gran tamaño por celebrárense en ano olímpico, e sen limitación na participación.
A cerimonia de apertura celebrouse no Palau Sant Jordi e a de clausura no Fórum. A madriña dos EuroGames foi a modelo Judit Mascó.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas