Eureka![1] (en grego: εὕρηκα héurēka, "Descubrino!"; perfecto indicativo de εὑρίσκω heurisko, ‘descubrir’) é unha famosa interxección atribuída ó matemático gregoArquímedes de Siracusa.[2][3] A exclamación «eureka» é utilizada hoxe en día como celebración dun descubrimento, achado ou consecución que se busca con afán.[4]
A historia conta que Arquímedes pronunciou esta palabra tras descubrir que o volume de auga que ascende é igual ó volume do corpo mergullado. Isto deulle a solución ó problema de medir o volume de corpos irregulares e permitiulle saber se a coroa do rei Hierón II estaba feita de ouro puro ó calcular a súa densidade a partir da masa xa coñecida. Este achado realizouno mentres se atopaba mergullado na bañeira e tal foi a súa alegría que saíu correndo ás rúas de Siracusa espido berrando Eureka! (‘Descubrino!’).