Eugenio Casimiro López López, nado en Ourense o 18 de setembro de 1921 e finado en Madrid o 20 de decembro de 1995[1], foi un fiscal e político galego.
Traxectoria
De familia de orixe sarriá. Licenciado en Dereito. Pertenceu á carreira fiscal. Foi gobernador civil e xefe provincial do Movimiento de Cuenca. Delegado nacional de Xuventudes (1962), conselleiro nacional do Movimiento, procurador en Cortes (1963-1971) e director xeral de ensino primario (1968)[2]. Foi fiscal da Audiencia Provincial de Toledo (1975)[3]. En 1988 foi nomeado tenente fiscal inspector da Fiscalía Xeral do Estado.[4]
Homenaxes
Recibiu a Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort e as grandes cruces do mérito militar, naval e aeronáutico.
Benfeitor do concello de Sarria
Ao seu impulso débese a creación do Colexio Nacional Mixto Comarcal, hoxe Colexio de Ensino Primario "Frei Luís de Granada", e dunha Escola Fogar. Foi nomeado fillo adoptivo de Sarria, sendo obxecto dunha multitudinaria homenaxe popular, con ocasión da inauguración do Colexio.
Colexio en Cee
O colexio público de Cee levou o seu nome ata o ano 2023, no que se cambiou polo de Colexio Público Plurilingüe Vila de Cee[5]
Rúas en Camariñas e Ortigueira
En Camariñas[6] e Ortigueira[7] hai rúas co seu nome.
Vida persoal
Casou con María del Carmen Simón Albadalejo.
Notas