Estíbaliz Pereira Rábade,[1] nada na Coruña o 12 de xullo de 1986, é unha modelo e raíña de beleza galega.[2] Foi coroada Miss España 2009 nunha gala celebrada en Cancún (México). Representou a España en Miss Universo 2009.
Miss España
Representando a provincia da Coruña, Pereira converteuse nunha das favoritas[3] e competiu contra outras cincuenta e unha representantes polo título de Miss España 2009, que se celebrou por primeira vez fóra de España, en Cancún. Alí converteuse na segunda galega da historia en conseguir a coroa de Miss España.[2] Ademais gañou o dereito de representar España en Miss Universo 2009.[3]
Miss Universo 2009
Pereira representou España na 58ª edición de Miss Universo, celebrada Atlantis Paradise Island, en Nassau (Bahamas) o 23 de agosto de 2009. 84 concursantes de diferentes países e territorios competiron no evento.[3] Porén, Pereira non chegou a clasificar entre as quince mellores que pasaban á final.
Notas