Estrella de GaliciaPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: Estrella Galicia (homónimos).
O Estrella Galicia, popularmente coñecido como o Shangai[1], foi un servizo ferroviario nocturno de RENFE e Renfe Operadora, operado con coches convencionais e que unía Barcelona con Vigo e A Coruña e viceversa diariamente. Aínda que xa existían trens directos que unían Galicia con Barcelona desde 1949, a marca ou produto Estrella naceu como tal en 1984[1]. Foi substituído o 26 de xaneiro de 2009 polo Trenhotel Galicia[1], servido con material remolcado de Talgo, que ofrece un maior confort e calidade, o cal implicou o aumento das tarifas. PercorridoSaía de Barcelona-Sants, A Coruña e Vigo-Urzáiz pola tarde e chegaba ao destino no día seguinte á mañá. As ramas da Coruña e Vigo realizan xuntas o percorrido dende/a partir de Monforte de Lemos. Treito que percorre a Galicia norte: Treito que percorre a Galicia sur: Tren conxunto:
Notas
Information related to Estrella de Galicia |