Estrela de mercurio-manganeso

As estrelas de mercurio-manganeso son un tipo de estrelas cunha liña prominente a 398,4 nm[1] no seu espectro, debido á absorción de mercurio ionizado.

Características

Son estrelas de tipo espectral B8 ou B9, que presentan dúas características distintivas:

A súa rotación é relativamente lenta, e en consecuencia a súa atmosfera está en relativa calma. Diferentes tipos de átomos afúndense baixo a acción da gravidade, mentres que outros son empurrados ó exterior pola presión de radiación, facendo que a súa distribución non sexa homoxénea.

O arquetipo de estrelas de mercurio-manganeso é Alpheratz (α Andromedae). Outras estrelas deste tipo son: Muliphein (γ Canis Majoris), Gienah Gurab (γ Corvi), χ Lupi, φ Herculis, Maia (20 Tauri) ou HD 29647.

Notas

  1. "Mercury-manganese star. The Encyclopedia of Science". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2014. Consultado o 29 de abril de 2008. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.