Estatua de Che Guevara en Oleiros


Estatua de Che Guevara
Estatua de Che Guevara
Presentación
LocalizaciónOleiros
TipoEscultura
Construción
Data da construción2008
Dimensións
Altura8 m
Equipo
EscultorJuan Quintanilla Álvarez

A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez. A estatua, de oito metros de alto, está feita de ferro cunha base de pedra galega.[1] Está rodeada de céspede artificial.

Antecedentes

Oleiros é un concello gobernado dende 1983 por Alternativa dos Veciños de xeito ininterrompido. O seu alcalde, Anxo García Seoane, gobernaba entón con 9 dos 21 concelleiros, é recoñecido admirador da revolución cubana. O concello de Oleiros ten adicado prazas, avenidas e rúas a distintos persoeiros comunistas como Che Guevara, Enrique Líster, Karl Marx ou Santiago Carrillo (en 2013). Nas paredes da casa do concello hai fotos de Che Guevara.

O proxecto da estatua a Che Guevara e o nome dos gañadores fíxose público no diario cubano Granma o 26 de febreiro de 2008. Ao coñecerse a nova o alcalde de Oleiros falaba de que só era un proxecto e que a estatua mediría tres metros sen concretar a súa localización.

Descrición

Guerrilleiro Heroico, de Alberto Korda.

A finais de maio de 2008 confirmouse o proxecto baseado na foto que Alberto Korda fixo ao Che. Un obradoiro de Arteixo estaba a construír as dúas pezas da estatua formadas por aceiro corten apoiadas sobre figuras xeométricas de granito cor gris mondariz e cun custo de 106.000 euros[2]. O proxecto da urbanización da rotonda de Nirvana aprobouse polo Concello de Oleiros sen concretar que estatua se ía instalar alí. Cando se souberon os detalles do proxecto, o custo e a súa localización comezaron as protestas. Os concelleiros do PP María Vieites e Andrés González[3] de Oleiros foron acusados pola Policía Local de pegar carteis no mobiliario urbano contra a inauguración da estatua[4].

As reaccións culminaron cunha manifestación convocada polo PP de Oleiros de menos dun cento de persoas o día anterior á inauguración ás 20:30 horas. Dende o blog quecheden[5], expresión coa que o alcalde de Oleiros se dirixiu aos críticos, continuouse coa protesta.

Si fuese un Cristo o una estatua de Santa María de La Hoz, aquí no protestaba ni dios, que les den a su puta madre
Anxo García Seoane[6]

En 2009 Pablo Cobián, voceiro do PP en Oleiros, presentou unha denuncia contra o alcalde de Oleiros por prevaricación e afirmou que se o PP gañase as eleccións quitaría a estatua[7]. En 2011 a denuncia foi rexeitada[8] e en 2013 a Audiencia Provincial da Coruña arquivouna definitivamente.[9]

Inauguración

Manifestación o día anterior á inauguración.

Dende a súa instalación a estatua estivo cuberta por unha lona negra e ata a inauguración vixiada por un axente de seguridade e tamén púxose unha cámara de seguridade nun dos farois da rotonda. Os cables da cámara ían pendurados 50 metros de farol en farol ata unha casa próxima. Esta cámara foi denunciada á Axencia de Protección de Datos[10].

Na placa que hai ao pé da estatua pon:

Oleiros al Heroico Guerrillero
al soldado de la libertad y la independencia
cooperante guerrillero internacionalista
soñador de utopías realizables
Ernesto Che Guevara O Che
el hombre, el mito creado con la revolución castrista
símbolo de todos los revolucionarios del mundo

A estatua foi inaugurada ás 12:00 horas do sábado 28 de xuño de 2008 coa presenza de varios centos de convidados: o alcalde de Oleiros, autoridades cubanas e venezolanas que pagaron do seu propio peto a viaxe a Oleiros. Á inauguración non acudiu ningún representante de PSOE, BNG ou PP. O alcalde comezou o discurso dicindo: «Benvidos ao territorio libre de Oleiros, onde os fachas non teñen nada que facer».[11] Un dos fillos do Che, Camilo Guevara, foi quen descubriu a estatua. Un grupo dunha ducia de persoas protestou con pancartas durante a inauguración momento no que se produciron as situacións máis tensas ao chamar ao Che asasino polo que o alcalde de Oleiros mandou actuar á Policía Local, orde revogada pola Garda Civil que era quen levaba a seguridade do acto e tiña orde de actuar se se producían insultos. A resposta dalgún dos asistentes foi chamar fascistas aos que protestaban.[12]

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) do 7 de xuño de 2008 publicou a adxudicación da obra de acondicionamento da rotonda de Nirvana á empresa López Cao asinada polo alcalde de Oleiros con data do 30 de xuño.[13] A urbanización da rotonda tiña un orzamento de 182.432,26 euros pagados integramente polo concello de Oleiros. O día 31 de maio de 2008 o xornal La Opinión A Coruña publicara unha foto dunha das pezas da estatua xa rematada, case un mes antes do concurso público.

Repercusión internacional

El Heraldo de Honduras falaba de Oleiros como "ciudad conmocionada y dividida por la escultura de Ernesto Guevara" e tamén mencionaba a instalación de "varias cámaras de seguridad de parte de la Alcaldía para resguardar el monumento". Un xornal da cidade de Rosario fala de García Seoane como "alcalde de La Coruña, fanático del guerrillero" e menciona tamén a loita coa "oposición gallega", que "criticó con furia" o proxecto. O xornal arxentino amplía información falando de Seoane como "mandatario independiente, que se dice amigo de Fidel Castro", que fai continuas homenaxes ao guerrilleiro que incluyen su fotografía en dependencias municipales, justo al lado de los retratos del rey Juan Carlos. Continúan dicindo que a estatua de Che está colocada nunha praza pública de Oleiros e non nunha rotonda[14].

Actos vandálicos

Estatua do Che Guevara o 9 de xullo de 2008.
Estatua do Che Guevara o 26 de outubro de 2015.

O día 9 de xullo de 2008 a estatua foi obxecto dun acto vandálico. Apareceu con manchas de pintura vermella e amarela[15]. Segundo García Seoane as pintadas foron feitas por dúas persoas que foron gravadas e identificadas pero ao carecer de licenzas a cámara non tiñan validez legal as probas[16].

O concello de Oleiros substituíu a cámara instalada antes da inauguración por dúas cámaras en agosto de 2008[17] que foron retiradas en febreiro de 2009 pola denuncia na Axencia de Protección de Datos do Movemento polos Dereitos Civís (MpDC)[18].

En xuño de 2009, a Policía Local de Oleiros identificou a un veciño que estaba a facer pintadas na estatua cun aerosol[19].

En 2015, dous días antes da homenaxe no 48 aniversario do pasamento de Che Guevara a estatua apareceu cunha pintada de asesino[20].

Notas

  1. Redacción. Vieiros, ed. "Oleiros terá un 'Che' Guevara de oito metros". Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  2. L. Costas e J.L. Álvarez. laopinioncoruna.es, ed. "El Concello gasta 180.000 euros en un busto de Che Guevara de 8 metros". Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  3. Mahía, Alberto. La Voz de Galicia, ed. "El Che revoluciona Oleiros". Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  4. Redacción A Coruña. La Voz de Galicia, ed. "Acusan a dos concejales del PP de pegar carteles en el mobiliario urbano contra el alcalde". Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  5. Burón, Viviana. laopinioncoruna.es, ed. "El PP denuncia irregularidades en el proyecto del busto del Che Guevara". Consultado o 29 de agosto de 2013. 
  6. Obelleiro, Paola. El País, ed. "El Che toma plaza en Oleiros". Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  7. Neo Club Press (ed.). "Estatua del Che Guevara sería desmontada en Oleiros". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2011. Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  8. Rodríguez, N. La Opinión A Coruña, ed. "El juez sobresee de forma provisional el caso contra el alcalde por la estatua del Che". Consultado o 29 de agosto de 2013. 
  9. Redacción EFE. El Ideal Gallego.com, ed. "Archivan la denuncia contra alcalde de Oleiros por estatua del "Che" Guevara". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2013. Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  10. La Voz. La Voz de Galicia, ed. "La cámara de vigilancia de la rotonda de Nirvana continúa sin permisos". Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  11. Mahía, Alberto. La Voz de Galicia, ed. "El alcalde de Oleiros sale en defensa del castrismo ante la escultura del Che". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2015. Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  12. F.A. Vieiros, ed. ""Había catro fascistas das barras americanas que cobraron 20 euros por vir facer ruído"". Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  13. Burón, Viviana. laopinioncoruna.es, ed. "El busto del Che se adjudica de forma definitiva después de ser inaugurado". Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  14. noticias ciber cuba (ed.). "La estatua del Che en Oleiros se hace famosa". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 29 de agosto de 2013. 
  15. Redacción. La Voz de Galicia, ed. "La estatua del Che amanece con pintadas". Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  16. Villar, Marta. laopinioncoruña.es, ed. "Seoane: ´La estatua del Che es la más bella que hay en la comarca´". Consultado o 29 de agosto de 2013. 
  17. La Voz. La Voz de Galicia, ed. "El Concello de Oleiros instala dos nuevas cámaras ante el Che". Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  18. Redacción. La Opinión da Coruña, ed. "Una asociación pide que se multe a Oleiros por las cámaras en la estatua del Che". Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  19. La _Voz de Galicia (ed.). "La policía identificó a un vecino de Oleiros como autor de las pintadas en la estatua del Che". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  20. Pintada en la estatua del Ché de Oleiros horas antes del homenaje

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

For West Sussex, see List of windmills in West Sussex. 123456789101112131415161718192021class=notpageimage| Extant and former windmills in East Sussex.1 Alfriston, 2 Battle, 3 Cross in Hand, 4 Crowborough, 5 Glynde, 6 Herstmonceux, 7 Icklesham, 8 Kingston, 9 Mark Cross, 10 Mayfield, 11 North Chailey, 12 Nutley, 13 Patcham, 14 Polegate, 15 Punnetts Town, 16 Rottingdean, 17 Rye, 18 Stone Cross, 19 West Blatchington, 20 Westham 21 Winchelsea A list of all windmills and windmill sites ...

 

Bagian dari Alkitab KristenPerjanjian LamaYosua 1:1 pada Kodeks Aleppo Taurat Kejadian Keluaran Imamat Bilangan Ulangan Sejarah Yosua Hakim-hakim Rut 1 Samuel 2 Samuel 1 Raja-raja 2 Raja-raja 1 Tawarikh 2 Tawarikh Ezra Nehemia Ester Puisi Ayub Mazmur Amsal Pengkhotbah Kidung Agung Kenabian Besar Yesaya Yeremia Ratapan Yehezkiel Daniel Kecil Hosea Yoël Amos Obaja Yunus Mikha Nahum Habakuk Zefanya Hagai Zakharia Maleakhi Deuterokanonika Tobit Yudit Tambahan Ester 1 Makabe 2 Makabe Kebijaksanaa...

 

2004 Serbian presidential election ← 2003 13 June 2004 (first round)27 June 2004 (second round) 2008 → Turnout48.35 ( 9.56 pp)   Candidate Boris Tadić Tomislav Nikolić Party DS SRS Popular vote 1,681,528 1,434,068 Percentage 53.97% 46.03% Results by district Tadić   50-60%   60-70%   70-80% Nikolić   50-60%   60-70% No Data    President before election Predrag Marković (acting) G17+ Elected...

Об экономическом термине см. Первородный грех (экономика). ХристианствоБиблия Ветхий Завет Новый Завет Евангелие Десять заповедей Нагорная проповедь Апокрифы Бог, Троица Бог Отец Иисус Христос Святой Дух История христианства Апостолы Хронология христианства Ран�...

 

Untuk kegunaan lain, lihat Minahasa. Minahasa UtaraKabupatenTaman Purbakala Waruga AirmadidiKampung Nelayan LikupangPulau Talisei dan Kinabuhutan LambangPetaMinahasa UtaraPetaTampilkan peta SulawesiMinahasa UtaraMinahasa Utara (Indonesia)Tampilkan peta IndonesiaKoordinat: 1°24′09″N 124°57′36″E / 1.4025°N 124.96°E / 1.4025; 124.96Negara IndonesiaProvinsiSulawesi UtaraTanggal berdiri18 Desember 2003Dasar hukumUU No. 33 Tahun 2003[1]Ibu kotaAirmad...

 

Campagna delle Filippine (1944-45)parte del teatro del Pacifico della seconda guerra mondialeIl generale Douglas MacArthur (al centro) sbarca a Palo il 20 ottobre 1944Data20 ottobre 1944 - 2 settembre 1945 LuogoFilippine EsitoDecisiva vittoria statunitense Schieramenti Stati Uniti Commonwealth delle Filippine Australia Messico[1] Impero giapponese Seconda Repubblica filippina Comandanti Douglas MacArthurChester NimitzWalter KruegerWilliam HalseyThomas KinkaidGeorge Kenney An...

Politik IndiaNational Emblem of IndiaTipe politikrepublik federal konstitusional parlementerKonstitusiKonstitusi IndiaLegislative branchNamaParlemenJenisBikameralTempat meetingRumah ParlemenMajelis tinggiNamaCouncil of StatesPerwira KetuaVenkaiah Naidu, Chairman of the Council of StatesPenunjuk arahElectoral CollegeLower houseNamaHouse of the PeoplePerwira KetuaOm Birla, Speaker of the House of the PeopleExecutive branchHead of StateJudulPresidenSaat iniRam Nath KovindPenunjuk arahElectoral C...

 

Pour les articles homonymes, voir John Smith et Smith. John Lawrence SmithJohn Lawrence SmithBiographieNaissance 17 décembre 1818KentuckyDécès 12 octobre 1883 (à 64 ans)LouisvilleSépulture Cave Hill CemeteryNationalité américaineFormation Université de VirginieActivités Chimiste, professeur d'université, journaliste, explorateur, médecinAutres informationsA travaillé pour Université de VirginieMembre de Académie américaine des arts et des sciencesAcadémie américaine des...

 

Ramoji RaoRao di tahun 2019LahirCherukuri Ramoji Rao(1936-11-16)16 November 1936Pedaparupudi, Andhra Pradesh, India)Tempat tinggalKota Film Ramoji Anajpur, Telangana, IndiaKebangsaanIndiaPekerjaanPengusaha, Wirausahawan Media Cherukuri Ramoji Rao, yang lebih dikenal dengan sebutan Ramoji Rao (kelahiran 16 November 1936) adalah seorang pengusaha, produser film, dan wirausahawan media India. Ia adalah kepala Ramoji Group yang menjadi salah satu pemilik fasilitas produksi film terbesar di dunia...

Kentucky Towers Kentucky Towers is an historic apartment building located in Downtown Louisville, Kentucky, USA, at 430 W Muhammad Ali Blvd.[1] History The building was first built in 1925 on the corner of Fifth and Walnut streets as the Kentucky Hotel.[1] It was the last hotel built in Downtown Louisville before World War Two.[1] The late 1960s experienced a large growth in new apartment construction throughout the United States.[2] At the same time, some bui...

 

Chronologies Données clés 2006 2007 2008  2009  2010 2011 2012Décennies :1970 1980 1990  2000  2010 2020 2030Siècles :XIXe XXe  XXIe  XXIIe XXIIIeMillénaires :Ier IIe  IIIe  Chronologies géographiques Afrique Afrique du Sud, Algérie, Angola, Bénin, Botswana, Burkina Faso, Burundi, Cameroun, Cap-Vert, République centrafricaine, Comores, République du Congo, République démocratique du Congo, Côte d'Ivoire, Djibouti, Égypte, �...

 

教宗聖保祿六世Sanctus Paulus PP. VI羅馬主教1969年的保祿六世就任1963年6月21日卸任1978年8月6日(在位15年46天)前任教宗若望二十三世繼任教宗若望保祿一世聖秩晉鐸由雅欽多·加賈(英语:Giacinto Gaggia)主教於1920年5月29日晉鐸晉牧由恩仁·蒂塞蘭德(英语:Eugène Tisserant)樞機於1954年12月12日晉牧擢升樞機由教宗若望二十三世於1958年12月15日擢升個人資料本名Giovanni Battista Enrico A...

Malaysian cycling team Team Sapura CyclingTeam informationUCI codeTSCRegisteredMalaysiaFounded2017Discipline(s)RoadStatusUCI ContinentalBicyclesCervéloComponentsShimanoKey personnelGeneral managerSayuti ZahitTeam manager(s)Fairoz Abd GhaniMohd Mahazir HamadMohd Azlan JamalludinTeam name history2017–Team Sapura Cycling Team Sapura Cycling is a Malaysian UCI Continental cycling team founded in 2017 with major backing from Sapura Holdings Berhad, a renowned conglomerate from Malaysia.[1&#...

 

In Switzerland a distinction is made between Social assistance in the broader sense and social assistance in the narrower sense. Social assistance in the narrower and broader sense Social assistance in the broader sense includes all needs-based benefits as well as social assistance in the narrower sense. Benefits that precede social assistance in the narrower sense are geared to specific risks. Anyone who gets into financial difficulties due to a certain life situation is entitled to it. The ...

 

Facebook's video-on-demand service Facebook WatchType of siteVideo on demandAvailable inEnglishHeadquartersMenlo Park, California, United StatesArea servedWorldwideKey people Ricky Van Veen (Head of Global Creative Strategy) Mina Lefevre (Head of Development) Fidji Simo (VP of Product for Video) IndustryInternetParentMeta PlatformsURLfacebook.com/watchCommercialYesLaunchedAugust 10, 2017; 6 years ago (2017-08-10)Current statusActive (Web, iOS and Android)...

Farm in Manhattan, New York 40°47′24″N 73°58′17″W / 40.789997°N 73.971269°W / 40.789997; -73.971269 A 1907 drawing of how the Apthorpe Mansion looked in 1790......and a photograph of its state c.1891 The Apthorp Farm occupied the Upper West Side of Manhattan in New York City between the 18th and early 20th centuries. It straddled the old Bloomingdale Road, laid out in 1728, which was re-surveyed as The Boulevard – now Upper Broadway. The Apthorp Farm was ...

 

1980 legislative assembly elections in Tamil Nadu 1980 Tamil Nadu Legislative Assembly election ← 1977 28 May 1980 1984 → All 234 seats in the Legislature of Tamil Nadu118 seats needed for a majorityTurnout65.42%   First party Second party   Leader M. G. Ramachandran M. Karunanidhi Party AIADMK DMK Alliance AIADMK Alliance Congress alliance Leader's seat Madurai West Anna Nagar Seats won 162 69 Seat change 14 6 Popular vote 9,328,839 8,371,7...

 

.pt

Internet country code top-level domain for Portugal This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: .pt – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (July 2021) (Learn how and when to remove this message).ptIntroduced30 June 1988; 35 years ago (1988-06-30)TLD typeCountry code top-level dom...

Rapid Transit line in the San Francisco Bay Area, California  R  Red LineTrains at Millbrae station in June 2018OverviewOwnerSan Francisco Bay Area Rapid Transit DistrictLocaleEast Bay and San Francisco PeninsulaTerminiRichmondMillbraeStations24ServiceTypeRapid transitSystemBay Area Rapid TransitHistoryOpened April 19, 1976 (1976-04-19) (limited service)[1] July 7, 1980 (1980-07-07) (all-day service)[1] Last extensionJune 22, 2...

 

日本大学 > 日本大学生産工学部・大学院生産工学研究科 日本大学生産工学部(にほんだいがくせいさんこうがくぶ、College of Industrial Technology, Nihon University 略称:CIT)は、生産工学を教育・研究する大学の学部である。生産工学研究科(せいさんこうがくけんきゅうか)は、生産工学の理論および応用を教育・研究する大学院の研究科である。いずれも工学系であ�...