Estafilococo

Estafilococo

Unha colonia de S. aureus vista con microscopio electrónico de varrido na que se ven an agrupacións en acio de uvas características de Staphylococcus.
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Firmicutes
Clase: Bacilli
Orde: Bacillales
Familia: Staphylococcaceae
Xénero: Staphylococcus
Rosenbach 1884
Especies

S. arlettae
S. aureus
S. auricularis
S. capitis
S. caprae
S. carnosus
S. chromogenes
S. cohnii
S. condimenti
S. delphini
S. devriesei
S. epidermidis
S. equorum
S. felis
S. fleurettii
S. gallinarum
S. haemolyticus
S. hominis
S. hyicus
S. intermedius
S. kloosii
S. leei
S. lentus
S. lugdunensis
S. lutrae
S. massiliensis
S. microti
S. muscae
S. nepalensis
S. pasteuri
S. pettenkoferi
S. piscifermentans
S. pseudintermedius
S. pseudolugdunensis
S. pulvereri
S. rostri
S. saccharolyticus
S. saprophyticus
S. schleiferi
S. sciuri
S. simiae
S. simulans
S. stepanovicii
S. succinus
S. vitulinus
S. warneri
S. xylosus

Os Staphylococcus son un xénero de microorganismos bacterianos que están presentes na mucosa e na pel dos humanos e doutros mamíferos e aves. O xénero comprende na actualidade a 35 especies e 17 subespecies, moitas das cales se achan nos humanos. As especies que se asocian con máis frecuencia ás enfermidades en humanos son Staphylococcus aureus (o membro máis virulento e coñecido do xénero), Staphylococcus epidermidis, Staphylococcus saprophyticus, Staphylococcus capitis e Staphylococcus haemolyticus.

Características xerais

  • Os estafilococos medran facilmente sobre case tódolos medios bacteriolóxicos, en condicións aeróbicas dáse o mellor crecemento. A súa maior velocidade de crecemento é a 5-25 °C; pero tamén se pode ver en activa fisión binaria entre 30 e 27 °C
  • Os estafilococos producen catalase, o que os diferenza dos estreptococos.
  • Ten importancia médica maioritariamente o aureus, e en humanos ademais deste, o saprophyticus e o epidermidis

Factores de virulencia

Na súa estrutura áchanse os ácidos teicoico e lipoteicoico, e os peptidoglicanos.

Os ácidos sérvenlle para se adherir a superficies corporais xunto coas especies de estafilococo que teñen cápsula, e en conxunto os ácidos teicoicos e o péptidoglicano teñen a característica de que activan o sistema inmune do complemento e serven ademais de evasores da fagocitose.

Entre os factores de virulencia que lle serven para a invasión e sérvenlle ó laboratorista para a súa identificación están:

  • A presenza de catalase
  • A presenza de coagulase no caso do estafilococo aureus (patogneumonico)
  • A fermentación do azucre Manitol específico como a coagulase do estafilococo aureus (o máis importante)
  • Presenza de B lactamase, que rompe o anel b lactámico dos antibióticos con esta estrutura

Papel na enfermidade

As enfermidades que pode desenvolver o xénero estafilococo están mediadas pola produción de toxinas:

  • Enterotoxinas - Diarreas, vómito, náuseas
  • Dano na pel, separando o estrato granuloso do córneo dando o signo de pel escaldada
  • Enfermidades comúns
    • Forúnculos
    • Impétigo
  • A máis grave para o home, o Staphylococcus aureus pode matar por insuficiencia cardiaca debido a unha endocardite bacteriana, sendo esta a orixe máis frecuente das endocardites humanas. Algúns illamentos producen a toxina TSST-1.

Véxase tamén

Outros artigos