Estadio Municipal de Chapín

Chapín
Panorámica do estadio
Datos
Coordenadas36°41′21″N 6°07′13″O / 36.689167, -6.120278
LocalizaciónXerez da Fronteira, España
Construción
Inauguración28 de xuño de 1988
ArquitectoCruz y Ortiz
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade20.523
PropietarioConcello de Xerez da Fronteira
OperadoraXerez da Fronteira
LocalíaXerez CD
Eventos
  • Copa de Europa de Clubs de Atletismo (1990 e 1991)
  • Campionato de Atletismo de España (1990 e 2003)
  • Reunión Internacional de Atletismo Cidade de Xerez (1988 a 1990)
  • Xogos Ecuestres Mundiais de 2002
  • Gran Premio de Atletismo de Andalucía (2008)
editar datos en Wikidata ]

O Estadio Municipal de Chapín é a estrutura máis representativa do Complexo Deportivo homónimo situado próximo ao centro histórico de Xerez da Fronteira, Cádiz (España).

En 1988 foi inaugurado cun partido entre o Xerez CD e o Real Madrid, coa intención de substituír o antigo Estadio Domecq que foi derrubado ese mesmo ano. En 2002 foi reformazado completamente para albergar os Xogos Ecuestres Mundiais de 2002. Tras a celebración deste evento, o estadio volveu ser adaptado para acoller outras disciplinas deportivas e outros diversos actos públicos, entre os que destacan o fútbol e o atletismo.

Un aspecto representativo do estadio é a localización de dous grandes edificios anexos. Nunha das súas esquinas, entre tribuna e fondo norte, sitúase o hotel de catro estrelas AC Chapín, cunha terraza e habitacións con vistas ao interior do recinto, que en días de partido soben o seu prezo. Na esquina oposta, entre as seccións de preferencia e fondo sur, atópase emprazado un Centro de Alto Rendemento, que serve de apoio ao gran videomarcador do estadio.

Galería de imaxes