Sant Vicenç de Calders é unha estación de ferrocarril localizada no barrio homónimo de El Vendrell, na provincia de Tarragona. A estación está na confluencia das liñas Barcelona-Vilafranca-Tarragona e Barcelona-Vilanova-Valls.
Historia
A estación entrou en servizo o 24 de abril de 1887, cando foi construída na confluencia das liñas, que eran propiedade da Companyia dels Ferrocarrils de Tarragona a Barcelona i França (TBF).
Servizos ferroviarios
É cabeceira de dúas liñas, unha diríxese cara Barcelona pola costa, a R2 Sud, e a outra tamén cara Barcelona, vía Vilafranca del Penedès, a R4.
Véxase tamén
Ligazóns externas