Esquerra Unida del País Valencià

Esquerra Unida del País Valencià
Logo
AcrónimoEUPV
Tipoorganización política
Ideoloxíasocialismo
Data de fundación1986
Fundador(es)Partit Comunista del País Valencià, Izquierda Republicana e Partido de Acción Socialista
Secretario/aRosa Pérez Garijo
Nº de membros3.264 (2014) Editar o valor en Wikidata
SedeValencia
EnderezoCarrer Borrull, 25
PaísEspaña
Na rede
http://www.eupv.org/
editar datos en Wikidata ]

Esquerra Unida del País Valencià (EUPV) (en galego: Esquerda Unida do País Valenciano) é un movemento político e social que se configura como unha organización política e xuridicamente soberana, de ámbito territorial valenciano. Aínda así, é a federación valenciana da organización política española Izquierda Unida. A soberanía de EUPV reside na Asemblea do País Valenciano, onde os representantes do total da afiliación participan e deciden en igualdade de condicións. O obxectivo de Esquerra Unida del País Valencià é a transformación das pautas económicas, sociais, culturais e políticas que rexen o vixente sistema capitalista nun sistema socialista democrático, onde sexa posíbel a plena realización da liberdade, da igualdade e dos Dereitos Fundamentais individuais, políticos, sociais, nacionais e culturais, así como o equilibrio co medio ambiente, a consecución real da igualdade entre mulleres e homes, e a construción dun País Valenciano soberano e solidario.

En 1986 xurdiu Esquerra Unida del País Valencià como coalición integrada polo Partit Comunista del País Valencià unido a outros grupos (PASOC, IR etc). Nas Eleccións Autonómicas de 1987, EUPV aliouse con Unitat del Poble Valencià (UPV). Posteriormente EUPV presentouse a tódalas convocatorias electorais, obtendo representación nas Cortes Valencianas, Cortes Xerais, Parlamento Europeo e centos de concellos. Dende 1990 tense constituído unha corrente interna de esquerdas, ecoloxista e valencianista denominada ESQUERRA I PAIS (www.esquerraipais.org) que é actualmente a minoría maioritaria de EUPV. Nas eleccións autonómicas de 2003 e nas Xerais de 2004 EUPV presentouse en diversas coalicións con Los Verdes, L'ENTESA etc. E sempre se puido conformar Grupo parlamentario propio.

Dende 2003 a Coordinadora Xeral de EUPV é Glòria Marcos.

Anteriormente á conformación da actual EUPV constituíuse unha primeira formación con este nome en 1982 integrada polo Moviment Comunista del País Valencià (MCPV), a Lliga Comunista Revolucionària (LCR) e varios grupos independentes de esquerda nacionalista entre os que o principal era a Esquerra Independent de Castelló (EIC). Esta primeira forza denominada EUPV desapareceu en 1983 ao unirse na coalición Unitat del Poble Valencià, que se converteu en partido político en 1984.