Esquerra Unida - L'Entesa foi unha coalición política formada na Comunidade Valenciana por Esquerra Unida do País Valencià, Izquierda Republicana, Esquerra Valenciana e Els Verds para presentarse para as eleccións autonómicas e municipais de 2003. Saíron elixidos 6 deputados autonómicos e 160 concelleiros na Comunidade Valenciana.
Nas eleccións xerais de 2004 a coalición volveuse a presentar, pero esta vez só a formaron Esquerra Unida del País Valencià, Izquierda Republicana e o sector de Els Verds partidario de Carles Arnal (constituído nun novo partido, Els Verds Esquerra Ecologista del País Valencià). Isaura Navarro foi elixida deputada na circunscrición de Valencia.
A coordinadora da coalición foi Glòria Marcos.
Véxase tamén
Ligazóns externas