O esquema Ponzi é un unha operación fraudulenta de investimento na que se prometen anormalmente altos réditos a custa do capital procedente de novos investidores máis que dos beneficios reais da operación. Constitúe unha forma sofisticada do venda piramidal que forma unha burbulla económica destinada ó colapso.
O esquema débelle o nome a Charles Ponzi, un inmigrante italiano nos Estados Unidos, quen utilizou esta técnica na década de 1920, aínda que non foi el quen a inventou, pois xa Charles Dickens a describiu nunha das súas novelas. O esquema orixinal baseábase no cambio de Cupóns de Resposta Internacional enviados desde Italia por selo de correos estadounidenses, o que en teoría permitía obter beneficios pola diferente taxa postal entre os dous países, pero axiña derivou en que os novos investores paragaban os réditos dos investidores anteriores, facendo millonario ó propio Ponzi ata que foi detido acusado de fraude postal.
Nos Estados Unidos de América, na década de 2000, o financeiroBernard Madoff ofrecía un fondo de investimento con xuros mensuais do 1% no mercado norteamericano a través dun esquema en pirámide do tipo Ponzi. A pesar da taxa de xuros de mensuais do 1% non ser totalmente absurda, era moi elevada respecto ao patróns da economía norteamericana (da orde do 1% ao ano) e só foi posible a través de depósitos de novos investidores.[1] A partir da crise financeira mundial de 2007 os investidores dos fondos de Madoff foron sorprendidos ao non conseguir rescatar os seeus depósitos, un esquema de fraude estimado en US$ 65 millóns de dólares. En 2008, Bernard Madoff, entón con 71 anos, foi acusado e condenado a 150 anos de prisión.