As áreas protexidas de Portugal son as áreas protexidas deste país e cunha lexislación que regula a protección ambiental á que están suxeitas e actividades humanas permitidas nelas. O conxunto de espazos protexidos portugueses forman a Rede Nacional de Áreas Protexidas (RNAP), que en 2020 estaba composta por 32 áreas protexidas nacionais, 14 áreas rexionais ou local e un espazo privado.[1][2]
As áreas protexidas regúlaas o Decreto-Lei n.º 142/2008.[2][3]
No 1993 o Decreto-Lei n.º 19/93 creou seis tipos de áreas protexidas.[4] Estas foron ampliadas polo Decreto-Lei n.º 142/2008, que creou ademais a 'Rede Nacional de Áreas Protegidas (RNAP).[3] Ese decreto regulou os espazos naturais creando figuras de ámbito estatal, rexional e local e privado. [3][2]
As categorías que considera a lexislación son:
De ámbito nacional
Parque nacional
Parque natural
Reserva natural
Monumento natural
Paisaxe protexida
Lugares de interese biolóxico
De ámbito rexional ou local:
Parque natural rexional
Reserva natural local
Paisaxe protexida local
Área protexida privada
Áreas protexidas de ámbito nacional
Parque nacional
Estas son areas pouco alteradas pola humanidade, con rexións naturais características, paisaxes naturais pouco humanizadas, lugares xeomorfolóxicos de interese ou hábitats de especies con interese de conservación, científico ou educativo. Son áreas do nivel II do sistema de clasificación da IUCN. A motivación é a conservación da integridade ecolóxica dos seus ecosistemas e evitar a súa degradación.[2]
Só existe un parque nacional en Portugal, que é o:
Son áreas que se caracterizas por conter paisaxes naturais, seminaturais e humanizadas, de interese nacional. Enténdense como exemplos de integración harmoniosa da actividade humana e da natureza e que conserva biomas ou rexións de interese.[2]
Son zonas limitadas onde se procura evitar calquera alteración dos ecosistemas tal que afecten ao seu estado. O territorio das reservas naturais destínanse, regulandoos, á protección e conservación da flora e fauna e os seus hábitats, así como as paisaxes.[2]
Son áreas con paisaxes naturais, seminaturais e humanizadas de interese tanto rexional como local, que son froito da interacción da sociedade coa natureza e que resultou en figuras de gran valor estético ou natural.[2]
Esta figura acolle a figuras ou espazos naturais que se caracterizan por ser singulares, raros ou representativos en termos ecolóxicos, estéticos, científicos ou culturais. Recoñecéselle a necesidade de ser conservados e mantidos na súa totalidade.[2]
Outras áreas protexidas de ámbito rexional ou local definíronse polo decreto-lei 19/93 de 23 de xaneiro, como é o caso dalgunhas paisaxes protexidas; ou polo decreto-lei n.º 142/2008, de 24 de xullo, como os parques naturais, reservas naturais, algunhas paisaxes naturais e áreas protexidas de ámbito privado.[2]
↑Direçao geral do Território, República Portuguesa, eds. (6 de xullo 2018). PNPOT - Alteração: Diagnóstico(PDF). Arquivado dende o orixinal(pdf) o 08 de marzo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2020.
↑ 3,03,13,2Ministério do Ambiente, do Ordenamento do Território e do Desenvolvimento Regional (2008-07-24). "Decreto-Lei n.º 142/2008". Diário da República. serie I (n.º 142/2008): 4596 – 4611.
↑Ministério do Ambiente e Recursos Naturais (1993-01-23). República Portuguesa, eds. "Decreto-Lei n.º 19/93". Diário da República. Série I-A (n.º 19/1993): 271 – 277.
↑ 5,05,15,25,3Definida polo Decreto-Lei de 23 de xaneiro.