O espazo cuadrangular escapular é un espazo anatómico do membro superior humano, pertencente ao ombreiro. É o lugar por onde pasan os nervios e os vasos que discorren entre as rexións máis anteriores (axila) e a rexión posterior da escápula. Na rexión posterior escapular está delimitado por:
A hipertrofia dos músculos que delimitan este espazo, ou a fibrose dos bordos musculares poden danar o nervio axilar. O dano deste nervio pode producir dúas consecuencias. A primeira, a debilidade do músculo deltoide. A segunda, e moito máis frecuente, a atrofia do músculo redondo menor, que causa debilidade do manguito dos rotadores.
Véxase tamén
Bibliografía
Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)