O esmerillón[1] (Falco columbarius) é unha ave da familia dos falcóns (Falconidae), caracterizada, no macho, polo seu pequeno tamaño, aspecto dinámico, cun corpo robusto, dorsalmente gris azulado, cunha banda negra distal na cola e un ton escuro nos extremos das ás, que son apuntadas.
Características
Pasa gran parte do seu tempo pendurado, espreitando a paisaxe. No verán é difícil de ver, e máis se aniña no chan. Bótase sobre intrusos dende o lugar onde se pendura, xeralmente, árbores. A súa voz é en son agudo, de repetición rápida. O niño é unha pequena depresión no chan; ás veces, aproveita niños vellos de corvos, nas árbores. Contén de tres a seis ovos, postos nunha única niñada, de abril a xuño. Aliméntase de paxaros que captura ao voo, ademais dalgúns insectos tamén voadores.
A súa distribución é ampla: é unha ave abondosa, que cría en marismas do norte de Europa. No inverno atópase ao longo de toda Europa.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Hume. Rob. 2002. Guía de campo de las aves de España y Europa. Ediciones Omega ISBN 84-282-1317-8
Ligazóns externas