Escuadrón Suicida (en inglés, Suicide Squad) é un filme estadounidense de superheroes[3] baseado no equipo de antiheroes de DC Comics Suicide Squad. É o terceiro filme do universo DC Extended Universe. O filme foi escrito e dirixido por David Ayer e está protagonizado por Will Smith, Jared Leto, Margot Robbie, Joel Kinnaman, Viola Davis, Jai Courtney, Jay Hernandez, Adewale Akinnuoye-Agbaje, Ike Barinholtz, Scott Eastwood e Cara Delevingne. En Suicide Squad, unha axencia secreta do goberno liderada por Amanda Waller recruta a super villanos encarcerados para levar a cabo misións e salvar o mundo dunha grande ameaza, en troques de reducir as súas condenas. O desenvolvemento do filme comezou no 2009, por Warner Bros. Pictures. Ayer asinou para escribir e dirixir en setembro de 2014, e en outubro, comezou o proceso de casting. A fotografía principal comezou o 13 de abril de 2015, en Toronto, Ontario, con rodaxes adicionais en Chicago, Illinois, e rematou en agosto dese mesmo ano.
Escuadrón Suicida estreouse en Nova York o 1 de agosto de 2016 e foi estreado nos Estados Unidos o 5 de agosto de 2016, en 2D, 3D e IMAX 3D. Despois dun gran comezou que estabeleceu novos récords de recadación, o filme conseguiu máis de $743 millóns en todo o mundo; converténdose no oitavo filme con máis recadación de 2016. Recibiu críticas negativas, que consideraron a trama confusa, a dirección axitada e as personaxes mal escritas. Malia isto, a interpretación de Margot Robbie foi eloxiada.
Emitiuse en galego o 29 de xullo de 2020 na TVG.[4] O director de dobraxe foi Antón Rubal e foi traducido por Andrea Ucha Bouzada.
Personaxes
- Voz da dobraxe galega de Matías Brea.
- Voz da dobraxe galega de Óscar Fernández.
- Voz da dobraxe galega de Isabel Vallejo.
- Voz da dobraxe galega de Charo Pena.
Ben Affleck e Ezra Miller recuperan os seus papeis de Batman contra Superman: O amencer da xustiza como Bruce Wayne / Batman e Barry Allen / Flash, respectivamente.
Futuro
A escena de crédito medio do filme leva ao filme de 2017 A Liga da Xustiza. Ademais, houbo varios spin-offs e secuelas anunciadas en fase de desenvolvemento:
Secuela
En febreiro de 2019, confirmouse que Margot Robbie repetiría o seu papel de Harley Quinn.[5] En marzo de 2019, The Hollywood Reporter anunciou que Idris Elba foi elixido como Deadshot, en substitución de Will Smith, que abandonou debido a conflitos de programación.[6] En abril de 2019, David Dastmalchian e Daniela Melchior foron elixidos como Polka-Dot Man e Ratcatcher, mentres que John Cena estaba en conversacións para o papel de Peacemaker.[7][8][9]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas