Escola francesa liberal

A escola francesa liberal (tamén chamada a "escola optimista" ou "escola ortodoxa") é unha escola de pensamento económico do século XIX, formada en torno ao Collège de France e o Institut de France. O Journal des Économistes foi esencial na promoción das ideas desta escola. Como pensadores clave encóntranse Frédéric Bastiat, Jean-Baptiste Say, Destutt de Tracy e Gustave de Molinari. A escola defendeu integramente o libre comercio na forma de capitalismo laissez faire. Eran grandes opositores das ideas colectivistas, intervencionistas e proteccionistas.

A escola francesa liberal é, xunto cós antigos fisiócratas, a máis importante expresión histórica do liberalismo clásico en Francia. A escola francesa en ocasións é considerada como un antecesor ideolóxico á escola austríaca moderna.[1][2]

Notas