A escala de Beaufort clasifica a intensidade dos ventos, tendo en conta a súa velocidade e os efectos resultantes das ventadas no mar e en terra. Foi deseñada polo meteorólogo anglo-irlandés Francis Beaufort no inicio do século XIX. Na década de 1830, a escala de Beaufort xa era amplamente utilizada pola Mariña Real Británica.
Mar todo de espuma, con até 14 m; visibilidade nula
Estragos graves e xeneralizados en construcións
A escala de Beaufort, así como a escala Richter para as actividades sísmicas, estabeleceu características dos ventos de acordo coa velocidade e o poder de destrución.
A nomenclatura galega da escala de Beaufort
A escala de Beaufort foi deseñada para asignar un grao (número) a cada rango de velocidades de vento, co fin de ter unha referencia para a comunicación e as alarmas. O nome e a descrición de cada un deses graos varían nas diferentes linguas e, inclusive, entre variantes xeográficas dunha mesma lingua.
A escala de Beaufort non se empregou en galego ata épocas moi recentes (moi probablemente non antes de 1981). Eses primeiros intentos de asentar unha nomenclatura propia tiveron unha difusión moi pequena, abafados pola extensión das denominacións castelás, empregadas pola Mariña militar e mercante, e polos servizos meteorolóxicos. Por iso, segundo as fontes que consultemos podemos atopar denominacións diferentes para os mesmos graos de vento, como se pode ver na táboa seguinte:
↑Os salseiros, alén do caso de se produciren por bater o mar nas rochas ou contra o casco dun barco, poden producirse a partir da tona do mar con ventos fortes, formando unha néboa espesa.