Erundino Vieito Baña, nado en Lañas (A Baña) e finado en Val do Dubra o 5 de marzo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Dirixente do Partido Galeguista na Baña. Foi mobilizado en 1936 e destinado á fronte de Asturias no Batallón nº 8 de Zapadores da Coruña. Desertou para pasarse ao exército republicano. Formou parte do Batallón Galicia nº 219 onde estivo destinado nunha batería en Colloto. Feito prisioneiro o 10 de novembro de 1937, foi internado nun campo de concentración.
Fuxiu do campo o 4 de febreiro de 1938 e regresou á súa parroquia. Estivo agochado durante once anos, actuando como enlace da guerrilla. Quedou citado o 5 de marzo de 1949 cos compoñentes do destacamento Manolo Bello, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, en Zas (Negreira), para cambiar de lugar. Descubertos pola Garda Civil, fuxiron e foron abatidos en Paramos (Val do Dubra).[1]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas